Creamos este espazo para seguir en contacto co noso alumnado e coas súas familias durante a suspensión das clases. Desde aquí compartiremos as actividades a realizar pero tamén recursos, fotos, suxerencias e algunha sorpresa. Temos en conta as distintas circunstancias familiares polo que para a realización das actividades propostas contades coa flexibilidade e comprensión que require un momento tan complexo.
Ata pronto!
Páginas
▼
▼
BLOGS Fermín Bouza Brey
▼
martes, 17 de marzo de 2020
BENVIDOS!
Os titores de cuarto creamos este blog para compartir as tarefas a realizar durante o tempo que dure a suspensión das clases presenciais. Tamén aproveitaremos para compartir ligazóns, recursos, vídeos e... algunha sorpresa! As tarefas propostas ateranse ás directrices da Consellería e para a súa realización teremos en conta as distintas situacións familiares. Un saúdo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario