Creamos este espazo para seguir en contacto co noso alumnado e coas súas familias durante a suspensión das clases. Desde aquí compartiremos as actividades a realizar pero tamén recursos, fotos, suxerencias e algunha sorpresa. Temos en conta as distintas circunstancias familiares polo que para a realización das actividades propostas contades coa flexibilidade e comprensión que require un momento tan complexo. Ata pronto!
Páginas
▼
▼
BLOGS Fermín Bouza Brey
▼
miércoles, 18 de marzo de 2020
MÉTODO SMARTICK GRATIS
Durante os quince días de suspensión das clases presenciais, o método de aprendizaxe de matemáticas "Smartick" será de balde. Podes repasar matemáticas e acceder a novos contidos a través da súa páxina web ou aplicación para móbiles e tablets. Merece moito a pena!
Páxina web: https://www.smartick.es/
Aplicación: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.mobile.android.smartick
No hay comentarios:
Publicar un comentario