Creamos este espazo para seguir en contacto co noso alumnado e coas súas familias durante a suspensión das clases. Desde aquí compartiremos as actividades a realizar pero tamén recursos, fotos, suxerencias e algunha sorpresa. Temos en conta as distintas circunstancias familiares polo que para a realización das actividades propostas contades coa flexibilidade e comprensión que require un momento tan complexo.
Ata pronto!
Páginas
▼
▼
BLOGS Fermín Bouza Brey
▼
jueves, 11 de junio de 2020
ENTREGA DE LIBROS E MATERIAIS
Lembrade que mañá venres, no patio do colexio, realizarase a recollida dos libros de préstamo e a entrega dos materiais do alumnado. A entrada será pola cancela que da acceso á rampa de entrada ao patio. Pedímosvos que usedes mascarilla e respectar o horario establecido, para evitar aglomeracións. Moitas grazas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario