Creamos este espazo para seguir en contacto co noso alumnado e coas súas familias durante a suspensión das clases. Desde aquí compartiremos as actividades a realizar pero tamén recursos, fotos, suxerencias e algunha sorpresa. Temos en conta as distintas circunstancias familiares polo que para a realización das actividades propostas contades coa flexibilidade e comprensión que require un momento tan complexo.
Ata pronto!
Páginas
▼
▼
BLOGS Fermín Bouza Brey
▼
martes, 17 de marzo de 2020
Actividade: LIBRO DE RECEITAS
Xa nos chegan as primeiras receitas! Lembrade que se unha vez rematada a vosa receita vos animades a cociñar, tedes que facelo coa supervisión dun adulto. Queremos ver fotos desas receitas saborosas!
A ver se a receita de Stefany tamén se fai así de máxica,jeje.. como ese biscoito italiano, gracias polo video entretúvonos moito, un saúdo
ResponderEliminarMoitas grazas Stefany, pois anímate coa receita! Saúdos!
Eliminar