ARCHIVO

Seguidores

Actividades anteriores

  

ACTIVIDADES 1º SEMANA

Do 16 ó 20 de marzo     

                     


MATEMÁTICAS.
Facer dúas fichas cada día (10 exercicios). Podedes imprimir as fichas ou copiar os exercicios nunha libreta.

LENGUA.
Facer un ditado cada día (ver enlaces). Hai que seguir as instrucións dos vídeos e ao rematar facer a actividade proposta para cada ditado.

LINGUA.
Imos facer un libro de receitas (folio tamaño A4 en vertical):
4º A: entrantes.
4º B: prato principal.
4º C: sobremesa (postre).
Podedes seguir unha estrutura similar a que vos propoñemos. Unha vez rematada a receita...anímate a cociñar en familia!

CIENCIAS NATURAIS.
Visualizar un vídeo sobre animais (ver enlace) e responder ás preguntas propostas.

CIENCIAS SOCIAS.
Escoller un país da Unión Europea e facer unha ficha (folio tamaño A4 en horizontal). Podedes seguir unha estrutura similar a que vos propoñemos.





ACTIVIDADES 2º SEMANA

Do 23 ó 27 de marzo



MATEMÁTICAS.
Facer dúas fichas cada día. Podedes imprimir as fichas ou copiar os exercicios nunha libreta. Tamén vos proporcionamos ligazóns para repasar os temas.

LENGUA.
Traballar a escritura a través da actividade: “verdaderos super héroes”. Ademais, con esta actividade pretendemos recoñecer o traballo de toda esa xente que nos fai a vida máis doada, sobre todo nas situacións difíciles. Compartide no Blog o voso súper heroe!

LINGUA.
Aproveitando que o sábado día 21 de marzo celebrouse o Día da Poesía, propoñémosvos unha ficha diaria relacionada con esa temática. Animádevos a compartir no Blog os vosos poemas e debuxos!

CIENCIAS NATURAIS.
Propoñemos a actividade: “animalario” . Consiste en elaborar unha ficha dun animal fantástico seguindo unha estrutura similar a que vos propoñemos. O obxectivo é traballar a creatividade ao tempo que repasamos contidos da materia. Se queres compartir o teu animal fantástico, podes facelo a través do Blog!

CIENCIAS SOCIAS.
Se na semana anterior traballamos Europa, agora tócanos Galicia. Tedes que debuxar un mapa de Galicia seguindo as pautas que vos damos. Ademais incluímos varias ligazóns para  coñecer aspectos interesantes da nosa Comunidade Autónoma.





ACTIVIDADES 3º SEMANA

Do 30 de marzo ao 3 de abril



MATEMÁTICAS.
Facer dúas fichas cada día. Ademais de repasar contidos, esta semana aproveitamos para traballar os problemas matemáticos.  Podes imprimir as fichas ou copiar os exercicios nunha libreta.

LENGUA.
Escribir unha carta a un familiar, compañeiro/a, profesor/a etc. A carta ten que axustarse as pautas que se indican na ficha da actividade. Ademais incluímos dúas ligazóns: a primeira  para facer sobres orixinais e a segunda para  saber onde hai que colocar o remitente e o destinatario.

LINGUA.
Seguimos traballando a escritura, esta vez a través dunha descrición. Esta actividade está dividida en 5 pasos que podes ver na ficha da actividade. O último paso é facer un debuxo. Anímate a compartilo no Blog!

CIENCIAS NATURAIS.
Imos traballar o tema das plantas. Cada día da semana tes que ler un pequeno resumo e contestar ás preguntas propostas. Se tes na casa o libro de texto, podes utilizalo para ler a unidade. Se o deixaches no colexio, podes consultar as páxinas do libro (Tema plantas) no documento PDF que vos axuntamos. Por último, incluímos distintas ligazóns para repasar e ampliar contidos.

CIENCIAS SOCIAS.
Xa traballamos Europa e Galicia, agora tócanos coñecer un pouco máis de España a través das súas comunidades autónomas. Escolle unha delas (que non sexa Galicia) e fai unha ficha. Podes seguir unha estrutura similar á proposta.



ACTIVIDADES SEMANA SANTA

Do 4 ao 13 da abril


Con respeto ás tarefas a realizar, nestas vacacións de Semana Santa podedes aproveitar para rematar as actividades propostas   e  para correxir as  de matemáticas e de Ciencias Naturais (Tema Plantas). Na seguinte ligazón  podedes acceder ás Solucións:



  ACTIVIDADES DA 4º SEMANA

 ( Do 14 ao 17 de abril)



Esta semana realizaremos ejercicios relacionados con el tiempo y el dinero. (Una FICHA cada día). Puedes repasar el tema en tu libro o AQUÍ.

Esta semana vamos a trabajar la asignatura de Lengua Castellana a través de la creatividad. AQUÍ

Ler o  RESUMO que fixemos e facer os exercicios de comprensión lectora e gramática AQUÍ.

Nesta semana vos propoñemos unha actividade sobre o mundo das plantas. Primeiro repasa o tema no teu libro ou AQUÍ. Despois entra na presentación que preparamos: “Que partes das plantas comemos”. Para rematar responde ás PREGUNTAS e fai un traballo similar ao do EXEMPLO. Lembra que podes mandarnos as túas creacións para publicar no Blog!

Traballaremos o tema 5 “ O territorio de España e de Europa” a través da historia de Maktub, un neno que chegou desde África a Ponteareas. Terás que responder ás  PREGUNTAS da ficha. Se o necesitas podes consultar o LIBRO

A actividade consiste en ver a  curtometraxe: “La oveja esquilada” e cubrir a seguinte FICHA.




ACTIVIDADES DA 5º SEMANA

(Do 20 ao 24 de abril)




SOLUCIÓNSComproba AQUÍ as solucións dos exercicios da semana anterior (Do 14 ao 17 de abril)

MATEMÁTICAS.Esta semana realizaremos ejercicios relacionados con el tiempo y el dinero. Aprovecha el lunes para corregir las actividades de la semana anterior y el martes comienza con las  FICHAS.  Puedes repasar el tema en tu libro o AQUÍ.

LENGUA.¿Estás preparado/a para convertirte en periodista y escribir un reportaje para una revista? Entra AQUÍ y cuando el viernes tengas tu reportaje acabado, compártelo en el BLOG!

LINGUA.O luns e o martes aproveita para revistar se tes tarefas pendentes, repasar o  RESUMO de gramática e correxir AQUÍ as actividades da semana pasada. A partir do mércores fai as seguintes FICHAS.

CIENCIASBótalle unha ollada a esta interesante PRESENTACIÓN SOBRE CURIOSIDADES DAS PLANTAS. A continuación entra AQUÍ para facer as actividades propostas.

VALORESEsta semana imos a traballar a relaxación. Practica e cubre a seguinte FICHA. Se queres profundizar máis no tema AQUÍ atoparás técnicas e vídeos para relaxarse e disminuir a ansiedade en familia.



 ACTIVIDADES DA 6º SEMANA

(Do 27 ao 30 de abril)


Podes descargar todas as actividades AQUÍ:https://drive.google.com/open?id=1YP7DuY6vuYGanUa65A0v5iwmhFek9hxw

Aproveita o luns para comprobar AQUÍ as solucións da semana anterior (Do 20 ao 24 de abril) e revisa se tes propostas dos especialistas: INGLÉS – MÚSICA – PLÁSTICA – EDUCACIÓN FÍSICA - RELIXIÓN 

A partir del martes, haz el DICTADO y responde a las preguntas AQUÍ.  
IMPORTANTE: Una vez que termines el dictado y las preguntas, sácale una foto o escanéalo y envíaselo al correo electrónico de tu tutor/a:


Repasa acentuación AQUÍ e fai as seguintes FICHAS.

Esta semana trabajaremos el sistema métrico decimal AQUÍ y también algunas FICHAS para trabajar con la calculadora.

Esta semana imos  facer unha viaxe por Ponteareas. Cando remates de facer as ACTIVIDADES, comproba AQUÍ se coñeces Ponteareas. Serás capaz de acadar os 15 puntos? Ponlle o teu nome ao cuestionario e así chegará o teu titor/a.

Primeiro coñece  AQUÍ  máis cousas sobre a diversidade e despois comproba xogando con “Os Bolechas” o que aprendiches.  XOGOS


ACTIVIDADES DA 7º SEMANA

( Do 4 ao 8 de maio)

Aproveita o luns para comprobar AQUÍ as solucións da semana anterior (Do 27 ao 30 de abril) e revisa nos BLOGS se tes propostas dos especialistas: INGLÉS – MÚSICA  – PLÁSTICA – EDUCACIÓN FÍSICA - RELIXIÓN

Seguimos co sistema métrico decimal e con operacións matemáticas AQUÍ.
Se queres seguir traballando matemáticas podes facelo online AQUÍ

Traballaremos o tema dos sentidos. Primeiro leremos unha PRESENTACIÓN  e despois realizaremos as seguintes ACTIVIDADES

Vamos a trabajar un tipo de texto con el que os tendréis que enfrentar muchas veces a lo largo de vuestra vida: las instrucciones. Primero leeréis estas INSTRUCCIONES para realizar unos banderines que pueden quedar muy bonitos en tu balcón o ventana. Luego tendréis que elaborar vuestras propias instrucciones para elaborar un juguete casero que estimule los sentidos. AQUÍ tenéis los pasos para hacerlo.

Para rematar as actividades relacionadas cos sentidos, ides  realizar esta ACTIVIDADE ONLINE, onde ademais de repasar ciencias, traballaredes contidos de Lingua Galega. É unha actividade autocorrixible e os resultados chegarán aos titores/as. Seredes capaces de acadar os 15 puntos?

En Valores tes que visualizar este CURTO  e responder ás preguntas AQUÍ


ACTIVIDADES DA 8º SEMANA

(Do 11 ao 15 de maio)

Podes descargar todas as actividades 


Aproveita o luns para comprobar AQUÍ as solucións da semana anterior (Do 4 ao 8 de maio) e revisa nos Blogs as propostas dos especialistas: INGLÉS –PLÁSTICA – EDUCACIÓN FÍSICA - RELIXIÓN. Lembra que o Blog de MÚSICA comparte as actividades os mércores.

Achégase o día das Letras Galegas! Como este ano non podemos celebrar xuntos a xornada de Xogos Populares, imos a traballar distintos contidos e competencias curriculares a través do mundo dos xogos. A semana que ven faremos máis actividades relacionadas coas Letras Galegas e coñeceremos ao autor homenaxeado: Ricardo Carvalho Calero.

Hay mucho de matemáticas en los juegos y también se puede aprender matemáticas jugando, compruébalo en estas FICHAS. Una vez que termines, hazle una foto o escanea la FICHA 5 y mándasela al correo electrónico de tu tutor/a.

AMPLIACIÓN: Si tienes ganas de más, AQUÍ puedes hacer a tu ritmo actividades de ampliación de temas que hemos trabajado las semanas anteriores.

Traballaremos a comprensión e a expresión escrita AQUÍ ao mesmo tempo que investigamos sobre os xogos. Para rematar, tes que escoller un xogo e elaborar unha ficha explicativa. Se queres publicalo no BLOG, podes enviarnos a foto da ficha do xogo ou incluso un vídeo explicativo mostrando como se xoga

E se a fin de semana che apetece xogar en familia, AQUÍ tes as instrucións do TUTTIFRUTTI, un xogo moi educativo!

¡Cantar también es una forma de jugar! Antes de empezar lee atentamente las instrucciones AQUÍ.

Aprenderemos xeografía a través dos xogos populares de distintos países AQUÍ

Seguimos xogando en familia! Atréveste a xogar a unha OCA moi especial?


ACTIVIDADES DA 9º SEMANA
(Do 18 ao 22 de maio)


Aproveita o luns para comprobar AQUÍ as solucións da semana anterior (Do 11 ao 15 de maio) e revisa nos Blogs se tes propostas dos especialistas: INGLÉS – PLÁSTICA – EDUCACIÓN FÍSICA - RELIXIÓN. Lembra que o Blog de MÚSICA comparte as actividades os mércores.

Se necesitas reforzo podes facer as actividades semanais do PROGRAMA REFÓRZATE

O domingo celebrouse o día das Letras Galegas. O autor homenaxeado chámase Ricardo Carvalho Calero e esta semana imos a coñecer moitas cousas sobre el, ao tempo que repasamos contidos de varias materias.

Esta semana imos a traballar as letras galegas AQUÍ,  a través dunha unidade didáctica elaborada polo prestixioso “Seminario Galán”. Recomendámosche que fagas polo menos catro follas todos os días para poder rematar o venres. Podes imprimir as actividades ou  facelas nun folio ou libreta (non é necesario copiar os textos nin os debuxos).

Cando consideres que xa coñeces o suficiente sobre o autor homenaxeado, ármate de valor e intenta resolver con éxito  “O misterio da casa de Ricardo Carvalho Calero” (Só para valentes!)

Despois, elixe a palabra que máis che guste en galego e cubre esta FICHA.
Para rematar, escribe a túa palabra favorita con letras bonitas nunha cartolina ou folio  e decóraa como queiras. Envíanos a túa palabra e o vindeiro luns colgarémolas todas no BLOG.

E ata aquí as actividades relacionadas co Día das Letras Galegas, pero recorda que o mellor que podemos facer para que o noso idioma non quede esquecido nos libros antigos ou desapareza definitivamente é…falalo!

Como en las actividades  anteriores ya trabajaste contenidos de matemáticas, esta semana te proponemos que repases AQUÍ de una forma más divertida. Intenta jugar a todos los juegos y cuéntanos cuál te gustó más. ¡Tienes un montón de posibilidades!

Repasa acentuación con el  VÍDEO 1 y VÍDEO 2Después haz este CUESTIONARIO ONLINE. No te olvides de poner tu nombre para que las respuestas lleguen a tus tutores/as.



ACTIVIDADES DA 10º SEMANA
(Do 25 ao 29 de maio)


SOLUCIÓNS

Aproveita o luns para comprobar AQUÍ as solucións da semana anterior (Do 18 ao 22 de maio) e revisa nos Blogs se tes propostas dos especialistas: INGLÉS – PLÁSTICA – E FÍSICA - RELIXIÓN. Lembra que o Blog de MÚSICA comparte as actividades os mércores. Se necesitas reforzo podes facer as actividades semanais do PROGRAMA REFÓRZATE

Esta semana imos  facer unha viaxe no tempo. Regresaremos ao pasado para coñecer algunhas cousas interesantes que nos deixaron outras civilizacións (Os Maias, Antigo Exipto, Imperio Romano…) e tamén viaxaremos ao futuro a través dunha cápsula do tempo!

Se che gusta o chocolate, tes que coñecer aos primeiros consumidores de cacao. Entra AQUÍ para viaxar ao pasado e coñecer un pouco máis sobre Os Maias.

El sistema de numeración que utilizamos se llama decimal (solo utilizamos diez símbolos). Pero antes de llegar al sistema actual hubo otros sistemas como la numeración maya y los números romanos. Entra AQUÍ para  conocerlos.

La Lengua Castellana procede del Latín, que era la lengua que se hablaba en la Antigua Roma. Desde entonces el Castellano ha cambiado mucho y ha ido añadiendo una  gran cantidad de  “frases hechas” que utilizamos al hablar. Pulsa AQUÍ para acceder a las actividades que te proponemos sobre las “frases hechas”.

Queres converterte en exiptólogo? Visualiza varias veces este  VÍDEO sobre o Antigo Exipto e fai o  CUESTIONARIO ONLINE. Non te esquezas de poñer o teu nome para que o traballo poida ser rexistrado polos titores/as. E se queres competir, reúne a túa familia e pon a proba os teus coñecementos AQUÍ.

Formas parte da historia e estas a vivir  unha experiencia que dentro duns anos contarás a outras persoas que aínda non naceron. Para deixar testemuño deste momento histórico, vas  construír AQUÍ unha cápsula do tempo. Podes meter dentro o que queiras pero nesta LIGAZÓN  deixámosche algunhas posibilidades. Antes de escondela por uns anos, faille unha foto para colgala no BLOG!




ACTIVIDADES 11º SEMANA

 (Do 1 ao 5 de xuño)

LIGAZÓN PARA DESCARGAR:


SOLUCIÓNS
Aproveita o luns para comprobar AQUÍ as solucións da semana anterior (Do 25 ao 29 de maio) e revisa nos Blogs se tes propostas dos especialistas: INGLÉS – PLÁSTICA – EDUCACIÓN FÍSICA - RELIXIÓN. Lembra que o Blog de MÚSICA comparte as actividades os mércores. Se necesitas reforzo podes facer as actividades semanais do PROGRAMA REFÓRZATE

O 5 de xuño celebrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Para celebralo,  esta semana as actividades propostas estarán relacionadas coa natureza.

Entra AQUÍ para realizar actividades matemáticas relacionadas con el huerto escolar y los árboles.

Esta semana te proponemos AQUÍ distintas actividades relacionadas con el reciclaje. ENVÍANOS tu robot hecho con elementos reciclados y lo colgaremos en el BLOG.

Entra AQUÍ para coñecer aos nen@s de Vilaverde e aprender un montón de cousas que nos axudarán a construír un mundo mellor.

Tes que visualizar este VÍDEO sobre as consecuencias dos incendios forestais e responder ás preguntas AQUÍ. Non te esquezas de poñer o teu nome para que o traballo poida ser rexistrado polos titores/as. Se queres coñecer máis cousas sobre as consecuencias dos incendios forestais podes ver esta PRESENTACIÓN

VALORES
Súmate á #cadeamundialdareciclaxe e mándonos un vídeo recibindo a bolsa amarela do lixo, metendo algo nela e enviándoa de novo. AQUÍ  podes ver como quedaría o vídeo que queremos montar coas vosas aportacións.


ACTIVIDADES 12º SEMANA

(Do 8 ao 12 de xuño)

Ligazón para descargar todas actividades:

SOLUCIÓNS

Aproveita o luns para comprobar AQUÍ as solucións da semana anterior (Do 1 ao 5 de xuño) e revisa nos Blogs se tes propostas dos especialistas: INGLÉS –  PLÁSTICA – EDUCACIÓN FÍSICA - RELIXIÓN. Lembra que o Blog de MÚSICA comparte as actividades os mércores.

Se necesitas reforzo podes facer as actividades semanais do PROGRAMA REFÓRZATE


IMPORTANTE: próximo venres  12, será a entrega dos libros de texto de préstamo, da biblioteca ou de calquera material do colexio que teñades na casa. Ese mesmo día recolleredes os vosos materiais (carpetas, fichas, dicionarios, frauta...) Consulta o horario nas seguintes ligazóns:


HORARIO 4ºA
                         
HORARIO 4ºB
                      
HORARIO 4ºC


Despois de case tres meses de alerta sanitaria, a situación está mellorando e xa podemos desfrutar con máis liberdade do espectáculo da primavera: bechos, flores e… Corpus! Esa será a temática desta semana!

AQUÍ trabajaremos matemáticas a través del mundo de las plantas, las flores, el huerto y los artrópodos.

Lee atentamente las INSTRUCIONES y disfruta de la fiesta del Corpus. Al acabar, junta a tu familia para que te ayuden a preparar  las PREGUNTAS del pasapalabra del Corpus y   atrévete a JUGAR ONLINE AQUÍ.

Esta semana imos a traballar AQUÍ a Lingua Galega ao mesmo tempo que coñecemos curiosidades sobre o fascinante mundo das formigas.  

Imos seguir investigando cousas sobre as formigas. Bótalle un ollo a esta PRESENTACIÓN  e despois coñece o funcionamento dun formigueiro AQUÍ. Por último, pon a proba os teus coñecementos sobre os insectos xogando AQUÍ

Visualiza coa familia esta curtametraxe: O CIRCO DAS BOLBORETAS e reflexiona sobre o significado que pode ter a eiruga que se converte en bolboreta. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario