ARCHIVO

Seguidores

Información FAMILIAS


MENSAXE DOS TITORES/AS DE CUARTO (24/4/20)

Estimadas familias:

 Os titores/as queremos darvos as grazas polo esforzo que estades a realizar para que o proceso de ensino continúe, a pesar das difíciles circunstancias nas que nos atopamos.  Estamos moi orgullosos de vós! 

Aínda que nestes momentos o máis importante segue sendo a saúde, xuntos debemos seguir esforzándonos para que esta situación repercuta o menos posible na formación dos vosos/as fillos/as.

Pola nosa parte seguiremos facendo o posible para acadar os obxectivos propostos para este curso, combinando a recuperación, repaso e reforzo de contidos básicos con actividades que poidan  suscitar o interese do alumnado e completar a súa formación. Unha das maiores dificultades coas que nos atopamos neste momento é a individualización do ensino. Por iso nos gusta recibir os vosos traballos no Blog e saber que estades activos e traballando motivados. Con ese mesmo obxectivo, de cando en vez  pedirémosvos que nos mandedes ao correo electrónico algunha actividade en concreto, para levar un rexistro máis individualizado.

Tamén vos queremos informar de que desde a editorial SANTILLANA nos facilitaron o acceso online aos libros de texto. Para consultalos tedes que entrar AQUÍ  e meter os seguintes datos:

Licenza: 36007539-0014-0001   Contrasinal: gaMENNYk

Por último,  é parte moi importante da nosa labor identificar ao alumnado que teña problemas para acceder as actividades propostas polo que vos pedimos que nos notifiquedes calquera dificultade para comunicarllo a dirección do centro.

Sen máis, poñémonos a vosa disposición para aclarar calquera dúbida,  utilizando as canles de comunicación que temos establecidas.

4ºA: Beatriz González Fernández.   aulaflordelis@gmail.com

4ºB: María Rita Rodríguez López. titoriarita@gmail.com

4ºC: Fernando Domínguez Dapía. fernandodguezdapia@hotmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario