SOLUCIÓNS
Revisa nos Blogs
se tes propostas dos especialistas: INGLÉS
– PLÁSTICA
– EDUCACIÓN
FÍSICA - RELIXIÓN
- MÚSICA

Esta é a última
semana do curso e como sabemos o esforzo que fixeches, non imos mandar novas actividades.
Se queres aproveitar
para comprobar se tes traballo pendente, AQUÍ
atoparás todas as actividades que vos propuxemos desde a suspensión das clases
presenciais ata hoxe.
Esta última semana
colgaremos no Blog as vosas alfombras do Corpus e tamén esperamos recibir as
vosas mensaxes, debuxos etc. para despedir o curso!
Actividades para o verán
Este ano é
especialmente importante que durante o verán lle dediques tempo a repasar os
contidos que traballamos durante o curso. Para facilitarche a tarefa actualizamos
os apartados de RECURSOS
e MULTIMEDIA
do BLOG
nos que atoparás unha chea de posibilidades para repasar xogando.
Tamén vos mandamos
información sobre o Programa de apoio didáctico
(Asociación Ponte Solidario),
que oferta clases de apoio gratuítas en Ponteareas durante o verán.
Podes descargar a información e as fichas
na seguinte ligazón: https://drive.google.com/drive/folders/1SaBT03Tpy7tHgurIS9K0mWAN8q9Z9iM1?usp=sharing
No hay comentarios:
Publicar un comentario