ARCHIVO

Seguidores

martes, 31 de marzo de 2020

Xogo de maxia para darlle as grazas a todo o persoal sanitario.


Queres facelo ti? Entra na ligazón e descubrirás que o segredo deste xogo ten que ver coas... mates!   http://magiaymatematicas.blogspot.com/2016/04/los-clips-enamorados.html

Mago Hugo Souto

Ímolo a nomear mago oficial do colexio! Será capaz de repetir o truco convertendo un billete de 5 euros nun de 50? Noraboa Hugo!


Tal día como hoxe do ano 1901 nacía en Ponteareas o xurista, etnógrafo e poeta Fermín Bouza Brey. Se queres coñecer un pouco máis sobre a súa persoa e como era Galicia e Ponteareas a principios do século XX, fai clic sobre as fotos.



domingo, 29 de marzo de 2020

ACTIVIDADES 3º SEMANA

Do 30 de marzo ao 3 de abril


MATEMÁTICAS.
Facer dúas fichas cada día. Ademais de repasar contidos, esta semana aproveitamos para traballar os problemas matemáticos.  Podes imprimir as fichas ou copiar os exercicios nunha libreta.

LENGUA.
Escribir unha carta a un familiar, compañeiro/a, profesor/a etc. A carta ten que axustarse as pautas que se indican na ficha da actividade. Ademais incluímos dúas ligazóns: a primeira  para facer sobres orixinais e a segunda para  saber onde hai que colocar o remitente e o destinatario.

LINGUA.
Seguimos traballando a escritura, esta vez a través dunha descrición. Esta actividade está dividida en 5 pasos que podes ver na ficha da actividade. O último paso é facer un debuxo. Anímate a compartilo no Blog!

CIENCIAS NATURAIS.
Imos traballar o tema das plantas. Cada día da semana tes que ler un pequeno resumo e contestar ás preguntas propostas. Se tes na casa o libro de texto, podes utilizalo para ler a unidade. Se o deixaches no colexio, podes consultar as páxinas do libro (Tema plantas) no documento PDF que vos axuntamos. Por último, incluímos distintas ligazóns para repasar e ampliar contidos.

CIENCIAS SOCIAS.
Xa traballamos Europa e Galicia, agora tócanos coñecer un pouco máis de España a través das súas comunidades autónomas. Escolle unha delas (que non sexa Galicia) e fai unha ficha. Podes seguir unha estrutura similar á proposta.

Actividades e materiais: AQUÍ
https://drive.google.com/open?id=1CzSDut46Wuuv8JkzL-KCZf_H3KLHuUfW

Tarta de chocolate

Gonzalo de 4ºC envíanos a súa tarta de chocolate. Gustounos verte coas mans na masa, a seguir así Gonzalo!




Comunicado especial do Profe Diego.


Encantounos o vídeo! Xa sabes, anímate a ler estos días e manda a túa foto á seguinte dirección de correo electrónico: bibliobrey1@gmail.com. Á volta faremos unha exposición coas vosas fotos!


viernes, 27 de marzo de 2020

Pastel de atún.

Para conseguir unha boa receita tamén é moi importante a presentación, tal como demostra Yago de 4ºB co seu pastel de Atún!


Maxia contra o virus do aburrimento IV: taumatropos.

Moitos de vós xa coñecedes estas marabillas xiratorias, precursoras do cine.

Se vos apetece coñecer un pouco máis da súa interesante historia ou constuír un taumatropo seguindo distintos modelos, tedes que facer clic AQUÍ.  Tamén podes mandarnos un vídeo ou foto do teu taumatropo ao correo: fernandodguezdapia@hotmail.com

Apúntate ao reto: "mergúllate na lectura"

Desde o Blog da biblioteca propoñen o reto: "mergúllate na lectura". Podes mandar a túa foto lendo á seguinte dirección de correo electrónico: bibliobrey1@gmail.com








miércoles, 25 de marzo de 2020

Pasteis de nata e froita e de nata e chocolate.

Andrea, a profe de Audición e Linguaxe do noso cole, tamén se anima cunha receita... inventada por ela! Que boa pinta!


Lembrade que no seu BLOG   podedes atopar  propostas para traballar a lecto-escritura, a expresión oral, a articulación, a audición... ademáis de distintos xogos, contos e manualidades:

Xogo de maxia (Hugo Souto 4ºC)

Xa temos o voso primeiro xogo de maxia! Hugo Souto de 4ºC atrévese a desafiar as leis da física... como pode unha moeda pasar por un buraco tan pequeno? Noraboa Hugo, eres un artista!

Debuxos de poesías (Noa Vaqueiro 4ºC)

Noa Vaqueiro de 4ºC está entusiasmada traballando o tema da poesía. O primeiro debuxo é o da poesía "Cantos rodados" de Antonio García Teijeiro. O segundo é un fermoso poema de Rosalía de Castro que escolleu ela: "Miña Santiña". Se facedes clic na imaxe podedes escoitar a canción.












martes, 24 de marzo de 2020

Maxia contra o virus do aburrimento II: triángulo das Bermudas.



Queres facelo na casa cunha moeda?  AQUÍ 
Esperamos os vosos vídeos de maxia!

Blog de Música

A profe Antía convídanos a que visitemos o seu Blog de música. Nel ides atopar: actividades, ideas, xogos, diversión e moita música! 


                                             https://musicanocole98.wixsite.com/bouzabrey

Ovos recheos



Laura Bargiela de 4ºA atraveuse a facer unha presentación da súa receita de ovos recheos.
Noraboa Laura, moi bo traballo!

lunes, 23 de marzo de 2020

Actividades de Inglés

Lembrade que no Blog de inglés do colexio atopades distintas propostas para traballar durante a suspensión das clases presenciais: http://englishbreycorner.blogspot.com/
 Blog de inglés

Biscoito de pepitas

Que pintaza ten a receita de Hugo Souto! Un biscoito de pepitas ideal para acompañar cun vaso de leite ou café, mmmm!

Xamón con verduras e patacas ao forno.

Stefany de 4ºB mándanos a receita cos ingredientes perfectos: boa materia prima, moito humor e un galego perfecto. Noraboa Stefany!


domingo, 22 de marzo de 2020

ACTIVIDADES 2º SEMANA

 Do 23 ao 27 de marzo:

MATEMÁTICAS.
Facer dúas fichas cada día. Podedes imprimir as fichas ou copiar os exercicios nunha libreta. Tamén vos proporcionamos ligazóns para repasar os temas.

LENGUA.
Traballar a escritura a través da actividade: “verdaderos super héroes”. Ademais, con esta actividade pretendemos recoñecer o traballo de toda esa xente que nos fai a vida máis doada, sobre todo nas situacións difíciles. Compartide no Blog o voso súper heroe!

LINGUA.
Aproveitando que o sábado día 21 de marzo celebrouse o Día da Poesía, propoñémosvos unha ficha diaria relacionada con esa temática. Animádevos a compartir no Blog os vosos poemas e debuxos!

CIENCIAS NATURAIS.
Propoñemos a actividade: “animalario” . Consiste en elaborar unha ficha dun animal fantástico seguindo unha estrutura similar a que vos propoñemos. O obxectivo é traballar a creatividade ao tempo que repasamos contidos da materia. Se queres compartir o teu animal fantástico, podes facelo a través do Blog!

CIENCIAS SOCIAS.
Se na semana anterior traballamos Europa, agora tócanos Galicia. Tedes que debuxar un mapa de Galicia seguindo as pautas que vos damos. Ademais incluímos varias ligazóns para  coñecer aspectos interesantes da nosa Comunidade Autónoma.

Descarga aquí as actividades:

Maxia contra o virus do aburrimento.


Deste xeito inauguramos o apartado de maxia do noso Blog.
Se queres mandarnos ti un truco de maxia, só tes que envialo a este correo electrónico: fernandodguezdapia@hotmail.com

Tarta da avoa

Grazas a Hugo Rodríguez de 4ºC chéganos unha receita clásica que nunca decepciona: tarta da avoa!


Quen a pillara arestora...

APRENDEMOS EN CASA

Este luns comenza "Aprendemos en casa", unha iniciativa do Ministerio de Educación para facilitar a educación desde a televisión pública mentres duren as medidas de illamento. Se fas clic na foto podes acceder ós horarios dos distintos contidos agrupados por asignaturas e idades.

Lembra que se entras desde o noso blog ao apartado MULTIMEDIA  podes acceder a distintos contidos educativos.

DÍA MUNDIAL DA AUGA

Hoxe celebramos o Día Mundial da Auga, ese ben tan preciado que non sempre valoramos. A continuación deixámosvos un vídeo onde se explica o ciclo da agua e un experimento que podedes facer na casa.
O ciclo da auga

sábado, 21 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA

Hoxe é o Día  Poesía! A próxima semana faremos distintas actividades a partir de poemas coma este de Xosé Lois Seixo Fernández. Se fas clic no vídeo podes escoitar ao profe Fernando recitala. Esperamos que vos guste!

Crema de cabaza



A receita da profe Bea é unha deliciosa crema de cabaza! Está tan ben explicada que seguro que algún se anima a facela!





























viernes, 20 de marzo de 2020

Eu quedo na casa!

Os Bolechas teñen unha mensaxe moi importante que dicirche: "queda na casa!"
Esta fin de semana podes aproveitar para unirte a esta fermosa iniciativa e debuxar un arco da vella cunha mensaxe de esperanza e ánimo! Cando remates, cólgao na xanela ou no balcón para transmitirlle ánimo ás persoas que o lean. Tamén podes enviarnos unha foto para colgar no blog ao correo electrónico: fernandodguezdapia@hotmail.com









miércoles, 18 de marzo de 2020

... máis receitas!


Curiosidades sobre Marrocos

Galletas de coco acompañadas de té. Grazas a Iliasse coñecemos un pouco máis da cultura de Marrocos!


Receitas

Que boa pinta teñen as galletas de Noa... e que pouco duraron!

MÉTODO SMARTICK GRATIS


Durante os quince días de suspensión das clases presenciais, o método de aprendizaxe de matemáticas "Smartick" será de balde. Podes repasar matemáticas e acceder a novos contidos  a través da súa páxina web ou aplicación para móbiles e tablets. Merece moito a pena!

Páxina web: https://www.smartick.es/
Aplicación: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.mobile.android.smartick

martes, 17 de marzo de 2020

Actividade: LIBRO DE RECEITAS

Xa nos chegan as primeiras receitas! Lembrade que se unha vez rematada a vosa receita vos animades a cociñar, tedes que facelo coa supervisión dun adulto. Queremos ver fotos desas receitas saborosas!








BENVIDOS!

Os titores de cuarto creamos este blog para compartir as tarefas a realizar durante o tempo que dure a suspensión das clases presenciais. Tamén aproveitaremos para compartir ligazóns, recursos, vídeos e... algunha sorpresa! As tarefas propostas ateranse ás directrices da Consellería e  para a súa realización teremos en conta as distintas situacións familiares. Un saúdo!


lunes, 16 de marzo de 2020


MÁIS RECURSOS...

Para ampliar os exercicios que che mandamos, podes  entrar no maior portal educativo gratuito. Chámase  MUNDOPRIMARIA e nel atoparás actividades de todas as materias, vídeos, mandalas, trabalinguas, xogos etc.
ENLACE

domingo, 15 de marzo de 2020

ACTIVIDADES DA 1º SEMANA      

Do 16 ó 20 de marzo                          



INSTRUCIÓNS


MATEMÁTICAS.
Facer dúas fichas cada día (10 exercicios). Podedes imprimir as fichas ou copiar os exercicios nunha libreta.

LENGUA.
Facer un ditado cada día (ver enlaces). Hai que seguir as instrucións dos vídeos e ao rematar facer a actividade proposta para cada ditado.

LINGUA.
Imos facer un libro de receitas (folio tamaño A4 en vertical):
4º A: entrantes.
4º B: prato principal.
4º C: sobremesa (postre).
Podedes seguir unha estrutura similar a que vos propoñemos. Unha vez rematada a receita...anímate a cociñar en familia!

CIENCIAS NATURAIS.
Visualizar un vídeo sobre animais (ver enlace) e responder ás preguntas propostas.

CIENCIAS SOCIAS.
Escoller un país da Unión Europea e facer unha ficha (folio tamaño A4 en horizontal). Podedes seguir unha estrutura similar a que vos propoñemos.