ARCHIVO

Seguidores

miércoles, 17 de junio de 2020

LECTURAS DE VERÁN (Equipo de Biblioteca)



Durante o verán, nos vos esquezades de ler! Desde o Equipo de Biblioteca do colexio elaboraron esta presentanción cunhas interesantes suxerencias!

Alfombras CORPUS (CEIP Fermín Bouza Brey)


Noraboa polo voso traballo! O futuro do Corpus de Ponteareas está asegurado!

Actividades de Música

A profe Antía déixavos no seu BLOG unha mensaxe de despedida e unha ENQUISA para cubrir. Moitas grazas e noraboa polo traballo, profe!





lunes, 15 de junio de 2020

Actividades semanais (Do 16 ao 19 de xuño) e propostas para as vacacións




SOLUCIÓNS
Aproveita o luns para comprobar AQUÍ as solucións da semana anterior (Do 8 ao 12 de xuño).

Revisa nos Blogs se tes propostas dos especialistas: INGLÉS – PLÁSTICA – EDUCACIÓN FÍSICA - RELIXIÓN - MÚSICA

Se necesitas reforzo podes facer as actividades semanais do PROGRAMA REFÓRZATE

Esta é a última semana do curso e como sabemos o esforzo que fixeches,  non imos mandar novas actividades.

Se queres aproveitar para comprobar se tes traballo pendente, AQUÍ atoparás todas as actividades que vos propuxemos desde a suspensión das clases presenciais ata hoxe.

Esta última semana colgaremos no Blog as vosas alfombras do Corpus e tamén esperamos recibir  vídeos curtos, mensaxes, debuxos etc. para despedir o curso!


Actividades para o verán

Este ano é especialmente importante que durante o verán lle dediques tempo a repasar os contidos que traballamos durante o curso. Para facilitarche a tarefa actualizamos os apartados de  RECURSOS e MULTIMEDIA do BLOG nos que atoparás unha chea de posibilidades para repasar dun xeito divertido.

Ademais suxerímosche que fagas algunha destas FICHAS PARA O VERÁN.

Tamén vos mandamos información sobre o Programa de apoio didáctico (Asociación Ponte Solidario), que oferta clases de apoio gratuítas en Ponteareas durante o verán.

Podes descargar a información e as fichas na seguinte ligazón: https://drive.google.com/drive/folders/1SaBT03Tpy7tHgurIS9K0mWAN8q9Z9iM1?usp=sharing