SOLUCIÓNS
Revisa nos Blogs se tes propostas dos especialistas: INGLÉS – PLÁSTICA – EDUCACIÓN FÍSICA - RELIXIÓN - MÚSICA

Esta é a última semana do curso e como sabemos o esforzo que fixeches, non imos mandar novas actividades.
Se queres aproveitar para comprobar se tes traballo pendente, AQUÍ atoparás todas as actividades que vos propuxemos desde a suspensión das clases presenciais ata hoxe.
Esta última semana colgaremos no Blog as vosas alfombras do Corpus e tamén esperamos recibir vídeos curtos, mensaxes, debuxos etc. para despedir o curso!
Actividades para o verán
Este ano é especialmente importante que durante o verán lle dediques tempo a repasar os contidos que traballamos durante o curso. Para facilitarche a tarefa actualizamos os apartados de RECURSOS e MULTIMEDIA do BLOG nos que atoparás unha chea de posibilidades para repasar dun xeito divertido.
Tamén vos mandamos información sobre o Programa de apoio didáctico (Asociación Ponte Solidario), que oferta clases de apoio gratuítas en Ponteareas durante o verán.
Podes descargar a información e as fichas na seguinte ligazón: https://drive.google.com/drive/folders/1SaBT03Tpy7tHgurIS9K0mWAN8q9Z9iM1?usp=sharing
No hay comentarios:
Publicar un comentario