ARCHIVO

Seguidores

domingo, 22 de marzo de 2020

ACTIVIDADES 2º SEMANA

 Do 23 ao 27 de marzo:

MATEMÁTICAS.
Facer dúas fichas cada día. Podedes imprimir as fichas ou copiar os exercicios nunha libreta. Tamén vos proporcionamos ligazóns para repasar os temas.

LENGUA.
Traballar a escritura a través da actividade: “verdaderos super héroes”. Ademais, con esta actividade pretendemos recoñecer o traballo de toda esa xente que nos fai a vida máis doada, sobre todo nas situacións difíciles. Compartide no Blog o voso súper heroe!

LINGUA.
Aproveitando que o sábado día 21 de marzo celebrouse o Día da Poesía, propoñémosvos unha ficha diaria relacionada con esa temática. Animádevos a compartir no Blog os vosos poemas e debuxos!

CIENCIAS NATURAIS.
Propoñemos a actividade: “animalario” . Consiste en elaborar unha ficha dun animal fantástico seguindo unha estrutura similar a que vos propoñemos. O obxectivo é traballar a creatividade ao tempo que repasamos contidos da materia. Se queres compartir o teu animal fantástico, podes facelo a través do Blog!

CIENCIAS SOCIAS.
Se na semana anterior traballamos Europa, agora tócanos Galicia. Tedes que debuxar un mapa de Galicia seguindo as pautas que vos damos. Ademais incluímos varias ligazóns para  coñecer aspectos interesantes da nosa Comunidade Autónoma.

Descarga aquí as actividades:

No hay comentarios:

Publicar un comentario