ARCHIVO

Seguidores

domingo, 29 de marzo de 2020

ACTIVIDADES 3º SEMANA

Do 30 de marzo ao 3 de abril


MATEMÁTICAS.
Facer dúas fichas cada día. Ademais de repasar contidos, esta semana aproveitamos para traballar os problemas matemáticos.  Podes imprimir as fichas ou copiar os exercicios nunha libreta.

LENGUA.
Escribir unha carta a un familiar, compañeiro/a, profesor/a etc. A carta ten que axustarse as pautas que se indican na ficha da actividade. Ademais incluímos dúas ligazóns: a primeira  para facer sobres orixinais e a segunda para  saber onde hai que colocar o remitente e o destinatario.

LINGUA.
Seguimos traballando a escritura, esta vez a través dunha descrición. Esta actividade está dividida en 5 pasos que podes ver na ficha da actividade. O último paso é facer un debuxo. Anímate a compartilo no Blog!

CIENCIAS NATURAIS.
Imos traballar o tema das plantas. Cada día da semana tes que ler un pequeno resumo e contestar ás preguntas propostas. Se tes na casa o libro de texto, podes utilizalo para ler a unidade. Se o deixaches no colexio, podes consultar as páxinas do libro (Tema plantas) no documento PDF que vos axuntamos. Por último, incluímos distintas ligazóns para repasar e ampliar contidos.

CIENCIAS SOCIAS.
Xa traballamos Europa e Galicia, agora tócanos coñecer un pouco máis de España a través das súas comunidades autónomas. Escolle unha delas (que non sexa Galicia) e fai unha ficha. Podes seguir unha estrutura similar á proposta.

Actividades e materiais: AQUÍ
https://drive.google.com/open?id=1CzSDut46Wuuv8JkzL-KCZf_H3KLHuUfW

No hay comentarios:

Publicar un comentario