ARCHIVO

Seguidores

lunes, 18 de mayo de 2020

Actividades semanais (do 18 ao 22 de maio)

Aproveita o luns para comprobar AQUÍ as solucións da semana anterior (Do 11 ao 15 de maio) e revisa nos Blogs se tes propostas dos especialistas: INGLÉS – PLÁSTICA – EDUCACIÓN FÍSICA - RELIXIÓN. Lembra que o Blog de MÚSICA comparte as actividades os mércores.
Se necesitas reforzo podes facer as actividades semanais do PROGRAMA REFÓRZATE

O domingo celebrouse o día das Letras Galegas. O autor homenaxeado chámase Ricardo Carvalho Calero e esta semana imos a coñecer moitas cousas sobre el, ao tempo que repasamos contidos de varias materias.

Esta semana imos a traballar as letras galegas AQUÍ,  a través dunha unidade didáctica elaborada polo prestixioso “Seminario Galán”. Recomendámosche que fagas polo menos catro follas todos os días para poder rematar o venres. Podes imprimir as actividades ou  facelas nun folio ou libreta (non é necesario copiar os textos nin os debuxos).
Cando consideres que xa coñeces o suficiente sobre o autor homenaxeado, ármate de valor e intenta resolver con éxito  “O misterio da casa de Ricardo Carvalho Calero” (Só para valentes!)

Despois, elixe a túa palabra favorita en galego e cubre esta FICHA.
Para rematar, escribe a túa palabra favorita con letras bonitas nunha cartolina ou folio  e decóraa como queiras. Envíanos a túa palabra e o vindeiro luns colgarémolas todas no BLOG.

E ata aquí as actividades relacionadas co Día das Letras Galegas, pero recorda que o mellor que podemos facer para que o noso idioma non quede esquecido nos libros antigos ou desapareza definitivamente é…falalo!

Como en las actividades  anteriores ya trabajaste contenidos de matemáticas, esta semana te proponemos que repases AQUÍ de una forma más divertida. Intenta jugar a todos los juegos y cuéntanos cuál te gustó más. ¡Tienes un montón de posibilidades!

Repasa acentuación con el  VÍDEO 1 y VÍDEO 2Después haz este CUESTIONARIO ONLINE. No te olvides de poner tu nombre para que las respuestas lleguen a tus tutores/as.

LIGAZÓN para descargar as actividades:
https://drive.google.com/open?id=1HpSIjYWsHFXPL2GufOASchJsjvn070Zd

No hay comentarios:

Publicar un comentario