ARCHIVO

Seguidores

domingo, 24 de mayo de 2020

Actividades semanais (do 25 ao 29 de maio)

SOLUCIÓNS

Aproveita o luns para comprobar AQUÍ as solucións da semana anterior (Do 18 ao 22 de maio) e revisa nos Blogs se tes propostas dos especialistas: INGLÉS – PLÁSTICA – E FÍSICA - RELIXIÓN. Lembra que o Blog de MÚSICA comparte as actividades os mércores. Se necesitas reforzo podes facer as actividades semanais do PROGRAMA REFÓRZATE

Esta semana imos  facer unha viaxe no tempo. Regresaremos ao pasado para coñecer algunhas cousas interesantes que nos deixaron outras civilizacións (Os Maias, Antigo Exipto, Imperio Romano…) e tamén viaxaremos ao futuro a través dunha cápsula do tempo!

Se che gusta o chocolate, tes que coñecer aos primeiros consumidores de cacao. Entra AQUÍ para viaxar ao pasado e coñecer un pouco máis sobre Os Maias.

El sistema de numeración que utilizamos se llama decimal (solo utilizamos diez símbolos). Pero antes de llegar al sistema actual hubo otros sistemas como la numeración maya y los números romanos. Entra AQUÍ para  conocerlos.

La Lengua Castellana procede del Latín, que era la lengua que se hablaba en la Antigua Roma. Desde entonces el Castellano ha cambiado mucho y ha ido añadiendo una  gran cantidad de  “frases hechas” que utilizamos al hablar. Pulsa AQUÍ para acceder a las actividades que te proponemos sobre las “frases hechas”.

Queres converterte en exiptólogo? Visualiza varias veces este  VÍDEO sobre o Antigo Exipto e fai o  CUESTIONARIO ONLINE. Non te esquezas de poñer o teu nome para que o traballo poida ser rexistrado polos titores/as. E se queres competir, reúne a túa familia e pon a proba os teus coñecementos AQUÍ.

Formas parte da historia e estas a vivir  unha experiencia que dentro duns anos contarás a outras persoas que aínda non naceron. Para deixar testemuño deste momento histórico, vas  construír AQUÍ unha cápsula do tempo. Podes meter dentro o que queiras pero nesta LIGAZÓN  deixámosche algunhas posibilidades. Antes de escondela por uns anos, faille unha foto para colgala no BLOG!

Ligazón para descargar as actividades: 
https://drive.google.com/open?id=1SfLoB9Ts4S_9NwASyv2WkU_iWIEouw7F

No hay comentarios:

Publicar un comentario