Queres facelo ti? Entra na ligazón e descubrirás que o segredo deste xogo ten que ver coas... mates! http://magiaymatematicas.blogspot.com/2016/04/los-clips-enamorados.html
Creamos este espazo para seguir en contacto co noso alumnado e coas súas familias durante a suspensión das clases. Desde aquí compartiremos as actividades a realizar pero tamén recursos, fotos, suxerencias e algunha sorpresa. Temos en conta as distintas circunstancias familiares polo que para a realización das actividades propostas contades coa flexibilidade e comprensión que require un momento tan complexo. Ata pronto!
ARCHIVO
Etiquetas
Ciencias naturais
(49)
Ponteareas
(48)
Ciencias Sociais
(43)
Lingua
(33)
Lengua
(25)
Reciclaxe
(21)
Maxia
(20)
Día Mundial do Medio Ambiente
(18)
Receitas
(18)
Lectura
(17)
Manualidades
(16)
Actividades semanais
(15)
Música
(13)
Ecoloxía
(8)
Poesía
(8)
Xogos
(8)
Arte
(6)
Día das Letras Galegas
(6)
Vacacións
(6)
Veran
(6)
Biblioteca
(5)
Colexio
(4)
Inglés
(4)
Contos
(3)
Corpus
(3)
Experimentos
(3)
Familias
(3)
Galicia
(3)
Historias
(3)
Creatividade
(2)
Debuxos
(2)
Inventos
(2)
Matemáticas
(2)
Recursos
(2)
Semana Santa
(2)
Acentuación
(1)
Auga
(1)
Autismo
(1)
Axudas
(1)
Efectos ópticos
(1)
Fin de Curso
(1)
Formigas
(1)
Insectos
(1)
Multimedia
(1)
Reforzo
(1)
Reporteiros
(1)
Suxerencias
(1)
Tutorial
(1)
Seguidores
martes, 31 de marzo de 2020
Mago Hugo Souto
Ímolo a nomear mago oficial do colexio! Será capaz de repetir o truco convertendo un billete de 5 euros nun de 50? Noraboa Hugo!
lunes, 30 de marzo de 2020
domingo, 29 de marzo de 2020
ACTIVIDADES 3º SEMANA
Do 30 de marzo ao 3 de abril
MATEMÁTICAS.
Facer dúas fichas cada día. Ademais de repasar contidos, esta semana aproveitamos para traballar os problemas matemáticos. Podes imprimir as fichas ou copiar os exercicios nunha libreta.
LENGUA.
Escribir unha carta a un familiar, compañeiro/a, profesor/a etc. A carta ten que axustarse as pautas que se indican na ficha da actividade. Ademais incluímos dúas ligazóns: a primeira para facer sobres orixinais e a segunda para saber onde hai que colocar o remitente e o destinatario.
LINGUA.
Seguimos traballando a escritura, esta vez a través dunha descrición. Esta actividade está dividida en 5 pasos que podes ver na ficha da actividade. O último paso é facer un debuxo. Anímate a compartilo no Blog!
CIENCIAS NATURAIS.
Imos traballar o tema das plantas. Cada día da semana tes que ler un pequeno resumo e contestar ás preguntas propostas. Se tes na casa o libro de texto, podes utilizalo para ler a unidade. Se o deixaches no colexio, podes consultar as páxinas do libro (Tema plantas) no documento PDF que vos axuntamos. Por último, incluímos distintas ligazóns para repasar e ampliar contidos.
CIENCIAS SOCIAS.
Xa traballamos Europa e Galicia, agora tócanos coñecer un pouco máis de España a través das súas comunidades autónomas. Escolle unha delas (que non sexa Galicia) e fai unha ficha. Podes seguir unha estrutura similar á proposta.
Actividades e materiais: AQUÍ
https://drive.google.com/open?id=1CzSDut46Wuuv8JkzL-KCZf_H3KLHuUfW
Actividades e materiais: AQUÍ
https://drive.google.com/open?id=1CzSDut46Wuuv8JkzL-KCZf_H3KLHuUfW
Tarta de chocolate
Gonzalo de 4ºC envíanos a súa tarta de chocolate. Gustounos verte coas mans na masa, a seguir así Gonzalo!
Comunicado especial do Profe Diego.
Encantounos o vídeo! Xa sabes, anímate a ler estos días e manda a túa foto á seguinte dirección de correo electrónico: bibliobrey1@gmail.com. Á volta faremos unha exposición coas vosas fotos!
viernes, 27 de marzo de 2020
Pastel de atún.
Para conseguir unha boa receita tamén é moi importante a presentación, tal como demostra Yago de 4ºB co seu pastel de Atún!
Maxia contra o virus do aburrimento IV: taumatropos.
Moitos de vós xa coñecedes estas marabillas xiratorias, precursoras do cine.
Se vos apetece coñecer un pouco máis da súa interesante historia ou constuír un taumatropo seguindo distintos modelos, tedes que facer clic AQUÍ. Tamén podes mandarnos un vídeo ou foto do teu taumatropo ao correo: fernandodguezdapia@hotmail.com
Se vos apetece coñecer un pouco máis da súa interesante historia ou constuír un taumatropo seguindo distintos modelos, tedes que facer clic AQUÍ. Tamén podes mandarnos un vídeo ou foto do teu taumatropo ao correo: fernandodguezdapia@hotmail.com
Apúntate ao reto: "mergúllate na lectura"
Desde o Blog da biblioteca propoñen o reto: "mergúllate na lectura". Podes mandar a túa foto lendo á seguinte dirección de correo electrónico: bibliobrey1@gmail.com
jueves, 26 de marzo de 2020
miércoles, 25 de marzo de 2020
Pasteis de nata e froita e de nata e chocolate.
Andrea, a profe de Audición e Linguaxe do noso cole, tamén se anima cunha receita... inventada por ela! Que boa pinta!


Lembrade que no seu BLOG podedes atopar propostas para traballar a lecto-escritura, a expresión oral, a articulación, a audición... ademáis de distintos xogos, contos e manualidades:
Xogo de maxia (Hugo Souto 4ºC)
Xa temos o voso primeiro xogo de maxia! Hugo Souto de 4ºC atrévese a desafiar as leis da física... como pode unha moeda pasar por un buraco tan pequeno? Noraboa Hugo, eres un artista!
Debuxos de poesías (Noa Vaqueiro 4ºC)
martes, 24 de marzo de 2020
Blog de Música
A profe Antía convídanos a que visitemos o seu Blog de música. Nel ides atopar: actividades, ideas, xogos, diversión e moita música!
https://musicanocole98.wixsite.com/bouzabrey
https://musicanocole98.wixsite.com/bouzabrey
Ovos recheos
Laura Bargiela de 4ºA atraveuse a facer unha presentación da súa receita de ovos recheos.
Noraboa Laura, moi bo traballo!
lunes, 23 de marzo de 2020
Actividades de Inglés
Lembrade que no Blog de inglés do colexio atopades distintas propostas para traballar durante a suspensión das clases presenciais: http://englishbreycorner.blogspot.com/
Biscoito de pepitas
Xamón con verduras e patacas ao forno.
Stefany de 4ºB mándanos a receita cos ingredientes perfectos: boa materia prima, moito humor e un galego perfecto. Noraboa Stefany!
domingo, 22 de marzo de 2020
ACTIVIDADES 2º SEMANA
Do 23 ao 27 de marzo:
MATEMÁTICAS.
Facer dúas fichas cada día. Podedes imprimir as fichas ou copiar os exercicios nunha libreta. Tamén vos proporcionamos ligazóns para repasar os temas.
LENGUA.
Traballar a escritura a través da actividade: “verdaderos super héroes”. Ademais, con esta actividade pretendemos recoñecer o traballo de toda esa xente que nos fai a vida máis doada, sobre todo nas situacións difíciles. Compartide no Blog o voso súper heroe!
LINGUA.
Aproveitando que o sábado día 21 de marzo celebrouse o Día da Poesía, propoñémosvos unha ficha diaria relacionada con esa temática. Animádevos a compartir no Blog os vosos poemas e debuxos!
CIENCIAS NATURAIS.
Propoñemos a actividade: “animalario” . Consiste en elaborar unha ficha dun animal fantástico seguindo unha estrutura similar a que vos propoñemos. O obxectivo é traballar a creatividade ao tempo que repasamos contidos da materia. Se queres compartir o teu animal fantástico, podes facelo a través do Blog!
CIENCIAS SOCIAS.
Se na semana anterior traballamos Europa, agora tócanos Galicia. Tedes que debuxar un mapa de Galicia seguindo as pautas que vos damos. Ademais incluímos varias ligazóns para coñecer aspectos interesantes da nosa Comunidade Autónoma.
Descarga aquí as actividades:
Maxia contra o virus do aburrimento.
Deste xeito inauguramos o apartado de maxia do noso Blog.
Se queres mandarnos ti un truco de maxia, só tes que envialo a este correo electrónico: fernandodguezdapia@hotmail.com
Tarta da avoa
APRENDEMOS EN CASA
Este luns comenza "Aprendemos en casa", unha iniciativa do Ministerio de Educación para facilitar a educación desde a televisión pública mentres duren as medidas de illamento. Se fas clic na foto podes acceder ós horarios dos distintos contidos agrupados por asignaturas e idades.
Lembra que se entras desde o noso blog ao apartado MULTIMEDIA podes acceder a distintos contidos educativos.
Lembra que se entras desde o noso blog ao apartado MULTIMEDIA podes acceder a distintos contidos educativos.
DÍA MUNDIAL DA AUGA
Hoxe celebramos o Día Mundial da Auga, ese ben tan preciado que non sempre valoramos. A continuación deixámosvos un vídeo onde se explica o ciclo da agua e un experimento que podedes facer na casa.
![]() |
O ciclo da auga |
sábado, 21 de marzo de 2020
DÍA DA POESÍA
Hoxe é o Día Poesía! A próxima semana faremos distintas actividades a partir de poemas coma este de Xosé Lois Seixo Fernández. Se fas clic no vídeo podes escoitar ao profe Fernando recitala. Esperamos que vos guste!
Crema de cabaza
viernes, 20 de marzo de 2020
Eu quedo na casa!
Os Bolechas teñen unha mensaxe moi importante que dicirche: "queda na casa!"
Esta fin de semana podes aproveitar para unirte a esta fermosa iniciativa e debuxar un arco da vella cunha mensaxe de esperanza e ánimo! Cando remates, cólgao na xanela ou no balcón para transmitirlle ánimo ás persoas que o lean. Tamén podes enviarnos unha foto para colgar no blog ao correo electrónico: fernandodguezdapia@hotmail.com

Esta fin de semana podes aproveitar para unirte a esta fermosa iniciativa e debuxar un arco da vella cunha mensaxe de esperanza e ánimo! Cando remates, cólgao na xanela ou no balcón para transmitirlle ánimo ás persoas que o lean. Tamén podes enviarnos unha foto para colgar no blog ao correo electrónico: fernandodguezdapia@hotmail.com

jueves, 19 de marzo de 2020
Tarta de Queixo
Roi de 4ºC mándanos a tarta de queixo que fixo hoxe á tarde. Polo pedazo que lle falta parece que está boa... Deixa algo para o almorzo de mañá larpeiro!
miércoles, 18 de marzo de 2020
... máis receitas!
MÉTODO SMARTICK GRATIS
Durante os quince días de suspensión das clases presenciais, o método de aprendizaxe de matemáticas "Smartick" será de balde. Podes repasar matemáticas e acceder a novos contidos a través da súa páxina web ou aplicación para móbiles e tablets. Merece moito a pena!
Páxina web: https://www.smartick.es/
Aplicación: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.mobile.android.smartick
martes, 17 de marzo de 2020
Actividade: LIBRO DE RECEITAS
Xa nos chegan as primeiras receitas! Lembrade que se unha vez rematada a vosa receita vos animades a cociñar, tedes que facelo coa supervisión dun adulto. Queremos ver fotos desas receitas saborosas!
BENVIDOS!
Os titores de cuarto creamos este blog para compartir as tarefas a realizar durante o tempo que dure a suspensión das clases presenciais. Tamén aproveitaremos para compartir ligazóns, recursos, vídeos e... algunha sorpresa! As tarefas propostas ateranse ás directrices da Consellería e para a súa realización teremos en conta as distintas situacións familiares. Un saúdo!
lunes, 16 de marzo de 2020
MÁIS RECURSOS...
Para ampliar os exercicios que che mandamos, podes entrar no maior portal educativo gratuito. Chámase MUNDOPRIMARIA e nel atoparás actividades de todas as materias, vídeos, mandalas, trabalinguas, xogos etc.![]() |
ENLACE |
domingo, 15 de marzo de 2020
ACTIVIDADES DA 1º SEMANA
Do 16 ó 20 de marzo
Enlace para descargar os materiais:
INSTRUCIÓNS
MATEMÁTICAS.
Facer dúas fichas
cada día (10 exercicios). Podedes imprimir as fichas ou copiar os exercicios
nunha libreta.
LENGUA.
Facer un ditado
cada día (ver enlaces). Hai que seguir as instrucións dos vídeos e ao rematar
facer a actividade proposta para cada ditado.
LINGUA.
Imos facer un
libro de receitas (folio tamaño A4 en vertical):
4º A: entrantes.
4º B: prato
principal.
4º C: sobremesa
(postre).
Podedes seguir
unha estrutura similar a que vos propoñemos. Unha vez rematada a
receita...anímate a cociñar en familia!
CIENCIAS
NATURAIS.
Visualizar un
vídeo sobre animais (ver enlace) e responder ás preguntas propostas.
CIENCIAS
SOCIAS.
Escoller un país
da Unión Europea e facer unha ficha (folio tamaño A4 en horizontal). Podedes
seguir unha estrutura similar a que vos propoñemos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)