ARCHIVO

Seguidores

domingo, 24 de mayo de 2020

Actividades semanais (do 25 ao 29 de maio)

SOLUCIÓNS

Aproveita o luns para comprobar AQUÍ as solucións da semana anterior (Do 18 ao 22 de maio) e revisa nos Blogs se tes propostas dos especialistas: INGLÉS – PLÁSTICA – E FÍSICA - RELIXIÓN. Lembra que o Blog de MÚSICA comparte as actividades os mércores. Se necesitas reforzo podes facer as actividades semanais do PROGRAMA REFÓRZATE

Esta semana imos  facer unha viaxe no tempo. Regresaremos ao pasado para coñecer algunhas cousas interesantes que nos deixaron outras civilizacións (Os Maias, Antigo Exipto, Imperio Romano…) e tamén viaxaremos ao futuro a través dunha cápsula do tempo!

Se che gusta o chocolate, tes que coñecer aos primeiros consumidores de cacao. Entra AQUÍ para viaxar ao pasado e coñecer un pouco máis sobre Os Maias.

El sistema de numeración que utilizamos se llama decimal (solo utilizamos diez símbolos). Pero antes de llegar al sistema actual hubo otros sistemas como la numeración maya y los números romanos. Entra AQUÍ para  conocerlos.

La Lengua Castellana procede del Latín, que era la lengua que se hablaba en la Antigua Roma. Desde entonces el Castellano ha cambiado mucho y ha ido añadiendo una  gran cantidad de  “frases hechas” que utilizamos al hablar. Pulsa AQUÍ para acceder a las actividades que te proponemos sobre las “frases hechas”.

Queres converterte en exiptólogo? Visualiza varias veces este  VÍDEO sobre o Antigo Exipto e fai o  CUESTIONARIO ONLINE. Non te esquezas de poñer o teu nome para que o traballo poida ser rexistrado polos titores/as. E se queres competir, reúne a túa familia e pon a proba os teus coñecementos AQUÍ.

Formas parte da historia e estas a vivir  unha experiencia que dentro duns anos contarás a outras persoas que aínda non naceron. Para deixar testemuño deste momento histórico, vas  construír AQUÍ unha cápsula do tempo. Podes meter dentro o que queiras pero nesta LIGAZÓN  deixámosche algunhas posibilidades. Antes de escondela por uns anos, faille unha foto para colgala no BLOG!

Ligazón para descargar as actividades: 
https://drive.google.com/open?id=1SfLoB9Ts4S_9NwASyv2WkU_iWIEouw7F

viernes, 22 de mayo de 2020

ENQUISA BIBLIOTECA

O Equipo da Biblioteca do colexio elaborou unha enquisa con varias preguntas sobre o uso da biblioteca e os hábitos lectores do alumnado. O obxectivo destas enquisas é mellorar o servicio que se ofrece polo que vos pedimos que contestedes ás preguntas!


ACENTUACIÓN

Non vos esquezades de facer  o cuestionario online de acentuación, para que os vosos titores/as poidan levar un rexistro do voso traballo. Grazas!


martes, 19 de mayo de 2020

Coas vosas aportacións sobre os xogos de rifar e de cordas, a profe Bea fixo esta fantástica presentación!


!

lunes, 18 de mayo de 2020

Actividades semanais (do 18 ao 22 de maio)

Aproveita o luns para comprobar AQUÍ as solucións da semana anterior (Do 11 ao 15 de maio) e revisa nos Blogs se tes propostas dos especialistas: INGLÉS – PLÁSTICA – EDUCACIÓN FÍSICA - RELIXIÓN. Lembra que o Blog de MÚSICA comparte as actividades os mércores.
Se necesitas reforzo podes facer as actividades semanais do PROGRAMA REFÓRZATE

O domingo celebrouse o día das Letras Galegas. O autor homenaxeado chámase Ricardo Carvalho Calero e esta semana imos a coñecer moitas cousas sobre el, ao tempo que repasamos contidos de varias materias.

Esta semana imos a traballar as letras galegas AQUÍ,  a través dunha unidade didáctica elaborada polo prestixioso “Seminario Galán”. Recomendámosche que fagas polo menos catro follas todos os días para poder rematar o venres. Podes imprimir as actividades ou  facelas nun folio ou libreta (non é necesario copiar os textos nin os debuxos).
Cando consideres que xa coñeces o suficiente sobre o autor homenaxeado, ármate de valor e intenta resolver con éxito  “O misterio da casa de Ricardo Carvalho Calero” (Só para valentes!)

Despois, elixe a túa palabra favorita en galego e cubre esta FICHA.
Para rematar, escribe a túa palabra favorita con letras bonitas nunha cartolina ou folio  e decóraa como queiras. Envíanos a túa palabra e o vindeiro luns colgarémolas todas no BLOG.

E ata aquí as actividades relacionadas co Día das Letras Galegas, pero recorda que o mellor que podemos facer para que o noso idioma non quede esquecido nos libros antigos ou desapareza definitivamente é…falalo!

Como en las actividades  anteriores ya trabajaste contenidos de matemáticas, esta semana te proponemos que repases AQUÍ de una forma más divertida. Intenta jugar a todos los juegos y cuéntanos cuál te gustó más. ¡Tienes un montón de posibilidades!

Repasa acentuación con el  VÍDEO 1 y VÍDEO 2. Después haz este CUESTIONARIO ONLINE. No te olvides de poner tu nombre para que las respuestas lleguen a tus tutores/as.

LIGAZÓN para descargar as actividades:
https://drive.google.com/open?id=1HpSIjYWsHFXPL2GufOASchJsjvn070Zd

domingo, 17 de mayo de 2020

Tres en raia

Brais Vázquez 4ºB
Brais Álvarez 4ºB
Hugo Souto 4ºC

Alba 4ºA
Jorge Fabre 4ºB
Rita 4ºC
Noela Rodríguez 4ºB
Saúl 4ºC

Stefany 4ºB
Ariadne 4ºB





Kerly 4ºC

Máis Xogos!

Mariola (Alba 4ºA)
Animalia (Saúl 4ºC)



¿Quién es quién? (Noa 4ºC)
Canicas (Asier 4ºA)